O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.
Durante tres horas realizouse un programa de radio en vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, aavaliaron o curso radiofónico que vén de findar.
Ademáis, por vez primeira, Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folk, fusión, a música disco... e todos os estilos musicais que enchen a grella da Filispim, protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.
Como non podía ser menos, non faltou rica cervexa, calimotxo, e refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos pinchos!!!. Ademáis, durante o programa especial realizouse un sorteo de camisolas filispininas!!.
As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Comentarios