Tempo de informativos locais en Radio Filispim.
O pasado venres 24 de xaneiro, no local da Fundación Caixa Galicia, aínda que habería que ver como denominalo agora, puidemos asistir á presentación do documental “ A pegada dos avós” de Xosé Abad. Un grupo de adolescentes de A Coruña, comezan a afondar no pasado dos galegos, así coma no seu mesmo, e así xorden as preguntas.
Ao descubrir historias tan incribles coma as sucedidas na guerra e pos guerra civil, coma A da mugardesa Amada García comezan estes adolescentes a afianzar unha conciencia sobre o acontecido tras o golpe de estado franquista coma tamén sobre a persecución que están a ter as persoas que seguen buscando resposta. Experiencia que sen dúbida lles vai quedar marcada de por vida.
Escoitamos agora a presentación en Ferrol: Falan Lucía ,estudante do Instituto de ensinanza secundaria de A Coruña, Gabriel, fillo de Amada García, o cal emocionado soamente saúda e Xosé Abad, director do documental.
Xosé Abad, director do documental, foi tamén o director que levou acabo “ O segredo da frouxeira, tamén vinculado á represión franquista e a nosa comarca.
Dicir tamén que o pasado luns 27, celebrouse, coma tódolos anos, organizado pola asociación memoria histórica democrática, a homenaxe a Amada García, muller fusilada no castelo de san Felipe, apenas tres meses despois de dar a luz a Gabriel.
Para finalizar, recalcar as dificultades para levar a cabo un traballo destas características nun momento de crise coma a que vivimos. Parte dos fondos necesarios foron recadado a través de crowfunding.
Un saúdo de Miguel Castro, para os informativos locais de Radio Filispim.
Comentarios